|

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia na que se integran CCOO, FETE-UGT, CONFAPA-GALICIA, Sindicato de Estudantes, IESGA e Escola Viva anunciou hoxe en rolda de prensa un novo paquete de mobilizacións contra a LOMCE e os recortes e que se desenvolveran nesta recta final de curso coincidindo co tramite parlamentario do proxecto de lei e co obxectivo de frear a súa aprobación.
Asi mesmo solicitouse unha reuníón co Presidente da Xunta de Galicia para achegarlle as nosas propostas sobre a LOMCE, dado que o actual Conselleiro se nega a recibir á Plataforma a pesar de terlle solicitado sendas entrevistas durante este curso
O calendario de mobilizacións é o seguinte:
- Durante todo o mes de xuño realización de asembleas informativas e mesas redondas para trasladar á comunidade educativa a realidade deste proxecto de lei ideolóxico e regresivo.
- Rolda de contactos con todos os grupos parlamentarios para expor as nosas iniciativas sobre esta lei, esta rolda iniciarase cos grupos parlamentarios de AGE e PSOE que xa confirmaron.
- Recabar resolucións expresando o rexeitamento ao proxecto de lei de Claustros, Consellos Escolares e ANPAS dos centros educativos
- Envio de cartas rexeitando a LOMCE por parte da comunidade educativa ao presidente do Goberno e presidente da Xunta
- Participación na Manifestación convocada o 16 de xuño pola Confederación Europea de Sindicatos, (CES), baixo o lema "Por unha Europa máis social e democrática"
- Concentración o 19 de xuño diante da Consellería de Educación en Santiago de Compostela
- Durante a última semana do curso, a coumnidade educativa acudirá aos centros vestindo as camisetas reivindicativas en defensa do ensino público
- Concentracións nas sete grandes vilas de Galicia o día 27 de xuño
Estas mobilizacións non rematarán co curso senon que terán continuidade mentres se sega a tramitar este proxecto de lei retrogrado e profundamente ideoloxico, que pretende impor un retroceso de máis de tres décadas nun sistema educativo que custou moito esforzo construír.
|