|

CONFAPA-GALICIA (Confederación Galega de APAs de Centros Públicos) é unha entidade autonómica, sen ánimo de lucro, legalizada no ano 1987 e está formada polas Federacións Provinciais de APAs de Centros Públicos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. É dicir, conforman a nosa organización todas as Federacións Provinciais de Galicia, cun total de 677 APAs o que supón máis de 50.000 familias.
O noso domicilio social está na rúa do Orzán, 21 da Coruña, nun edificio cedido polo Concello desta capital e que compartimos coa Federación Provincial e o Consello Escolar Municipal.
Tal como reflicte o Artigo 2º dos nosos Estatutos, CONFAPA-GALICIA ten por obxecto:
a) Conseguir un ensino de alta calidade, gratuíta e que desenvolva a personalidade humana no respecto aos principios democráticos de convivencia e aos dereitos e liberdades, ao amparo de canto determina a Constitución Española de 1978 así como a Lei Orgánica 1/2002 de 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación.
b) Coordinar a actuación das Federacións provinciais nela integradas en orde ao mellor logro dos seus obxectivos.
c) Representar ás Federacións asociadas ante a Administración Autónoma de Galicia e ante a Administración Central do Estado.
d) Fomentar o desenvolvemento das APAs e das Federacións por estas constituídas, promovendo e desenvolvendo cantas actividades sexan necesarias, así como facilitando información e asesoramento ás APAs e Federacións.
e) Promocionar a participación dos pais de alumnos a través das APAs e Federacións destas nos órganos de Goberno dos Centros Públicos e nos órganos de participación na Administración Educativa que a lexislación vixente determine.
f) Potenciar a cultura en Galicia.
g) Establecer relacións coas Federacións de APAs doutras Comunidades Autónomas e coa Confederación Española de APAs (CEAPA).
h) Impulsar a formación de pais de alumnos e o diálogo pais-profesores.
i) Promover todo tipo de accións tendentes a que os grupos marxinados socialmente por razón de etnia, diminución física, psíquica ou sensorial ou calquera outro motivo sexan integrados nos Centros Educativos e admitidos con normalidade na Comunidade educativa.
j) Potenciar calquera actividade que conduza a que a planificación dos programas educativos responda a unha integración social, laboral, cultural e económica dos grupos marxinados socialmente.
k) Facilitar asesoramento legal a todos os membros e asociados e, no seu caso, promover as correspondente accións administrativas ou xudiciais tendentes a garantir os intereses e dereitos recoñecidos legalmente.
Ademais da nosa actividade provincial a través das Federacións e autonómica, a través das nosas propias canles, participamos a nivel estatal en CEAPA (Confederación Española de APAs) como integrantes do seu Consello Autonómico.
PRESENCIA DE CONFAPA
CONFAPA-GALICIA está presente en :
- CONSELLO ESCOLAR DO ESTADO - CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA - CONSELLOS ESCOLARES MUNICIPAIS - COMISIÓNS DE ESCOLARIZACIÓN ( Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos ) - COMISIÓNS PROVINCIAIS DE COMEDORES - COMISIÓN DE ESCOLAS VIAXEIRAS - COMISIÓN DE VOLUNTARIADO - COMISIÓN DE GRATUIDADE DE LIBROS DE TEXTO - COMISIÓN RUTAS LITERARIAS - COMISIÓN RUTAS CIENTÍFICAS - OBSERVATORIO GALEGO DÁ INFANCIA - OBSERVATORIO AUTONÓMICO DE CONVIVENCIA - PLAN DE APOIO ÁS FAMILIAS
ACTIVIDADES
1. DE CARÁCTER REGULAMENTARIO:
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA E REUNIÓNS DE XUNTA DIRECTIVA.
2. DE CARÁCTER PERMANENTE:
- ESCOLA DE PAIS
- ASESORÍA XURÍDICA
- ASESORÍA TÉCNICA
3. DE CARÁCTER FORMATIVO:
- CURSOS DE FORMACIÓN PARA DIRECTIVOS DE APAs
- XORNADAS PARA PAIS E NAIS INTEGRANTES DE APAs
- CURSOS SOBRE CONSELLOS ESCOLARES
- CICLOS DE CONFERENCIAS
- CURSOS DE INFORMÁTICA PARA APAs
PUBLICACIÓNS:
“ANÁLISE SOBRE A REALIDADE EDUCATIVA EN GALICIA” (1993)
“LEXISLACIÓN BÁSICA PARA AS APAs” (2007 e 2008)
Colaboramos de xeito periódico na “Revista Galega de Educación”
LOGROS
Os logros e programas que a continuación enumeramos e que nalgúns casos foron asumidos pola Administración parcial ou totalmente, foron conseguidos grazas as demandas da CONFAPA-GALICIA
Gratuidade dos libros de texto
Acompañantes no transporte escolar
Rebaixa na antigüidade dos autobuses
Supresión das prazas de 2+1 nos autobuses escolares
Apertura de comedores na enseñanza pública a toda a comunidade educativa
Apertura de centros fora do horario lectivo
Elaboración dos plans de convivencia
Protocolo de actuación do Plan Nacional de Convivencia Escolar
Axudas ao servizo de comedor escolar (Xunta e Concellos) postos en funcionamento polas APAs
Axudas para o servizo de almorzo nos centros públicos
Maior dilixencia na cobertura de baixas docentes e persoal complementario nos centros públicos
Mellora nas instalacións e equipamentos dos centros públicos
Decreto de Galego
|